xuño, 2018

21xuñTodo o Día22xulExposición "Bolsas de creación artística. Novos Valores 2017"(Todo o Día) Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra. Entrada polo Sexto Edificio. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3 PontevedraEvento tipo:Exposicións

Máis

Detalles do Evento

O primeiro andar do claustro do edificio Sarmiento acolle, desde o 21 de xuño ás oito da tarde que se inaugura, a exposición Bolsas de creación artística. Novos Valores 2017. Como na edición anterior a mostra está formada por obras das e dos artistas galardoados no certame Novos Valores de 2017 con bolsas para a ampliación de estudos artísticos.

Malú Feijóo, Aitor Víctor Fernández Marcos, Borja Guerrero Parapar e Yolanda Ríos Coello presentan os froitos das novas experiencias conseguidas co apoio económico que percibiron mercé a ser premiados coas bolsas de creación herdeiras daquelas históricas pensións que, desde 1864 ata 1982, concedía a Deputación de Pontevedra e que obtiveran algunhas das máis importantes figuras da arte galega do derradeiro século.

A mostra permanecerá aberta ao público ata o 22 de xullo.

+info. en museo.depo.gal

 

Hora

Xuño 21 (Xoves) - Xullo 22 (Domingo)

Localización

Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra

Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra. Entrada polo Sexto Edificio. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa