outubro, 2017

28out(out 28)11:0030(out 30)20:00MUNICIPALEtiqueta Negra. Gourmet Galego e Innovación Inspiradora11:00 - 20:00 (30) Recinto Feiral de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 PontevedraEvento tipo:Cursos,Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Etiqueta Negra. Gourmet Galego e Innovación Inspiradora é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade de Pontevedra que nace con vocación de continuidade.

Estamos quentando os fogóns para amosar tanto a ampla variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, como os procesos de innovación de produtos, sabores e envases.

Empresas, profesionais e público en xeral poderán expoñer, coñecer, probar e testar os produtos galegos que despuntan pola súa calidade e excelencia, os máis innovadores, os que marcan tendencias.

Ademais de intensas xornadas de negocios, desenvolveremos un amplo programa de actividades dirixidas a cociñeiros profesionais, representantes de asociacións e grupos gastronómicos, empresarios do sector culinario e da alimentación, así como medios de comunicación especializados, plataformas de difusión do sector gastronómico, bloggers, afeccionados á cociña e amantes do bo comer.

A feira abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.

Os días, 28, 29 e 30 de outubro, de 11 a 20 h. no Recinto Feiral de Pontevedra.

+info. en etiquetanegragourmet.com

 

Hora

28 (Sábado) 11:00 - 30 (Luns) 20:00

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Recinto Feiral de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa