febreiro, 2018

02feb21:00MUNICIPALEstrea do documental “Fóra”21:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

“Fóra” é un proxecto audiovisual que pretende recompilar a historia da oposición á factoría de Ence na súa actual localización en Lourizán.

O documental, con guión e dirección do escritor e columnista pontevedrés Rodrigo Cota, dá voz aos principais protagonistas da oposición a Ence desde as súas orixes ata hoxe. Ofrece decenas de documentos inéditos e o testemuño de moitas persoas que participaron na loita contra Ence. Recupéranse algunhas historias esquecidas ou pouco coñecidas con soporte de imaxes, moitas delas inéditas.

“Fóra” ofrece o testemuño dos protagonistas da oposición a Ence desde todos os ámbitos: político, institucional, xudicial, asociativo ou cultural, así como de representantes de colectivos e persoas que desenvolveron iniciativas de tipo persoal.

+info. en ithcrowdfunding.org/projects/fora

 

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa