febreiro, 2020

09feb19:30"Esperando a Godot", de Samuel Beckett19:30 Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 PontevedraEvento tipo:Escena

Máis

Detalles do Evento

Un clásico do teatro do absurdo de Samuel Beckett, que representa o fastío e a falta de significado da existencia humana.

Unha estraña parella de dous amigos, case irmáns, que mentres están a esperar, falan, discuten, xogan, desafíanse, reconcílianse, ámanse, repélense. Chega outra estraña parella, aínda máis estraña, e o xogo diversifícase. Godot non chega, mais chega o seu emisario.

Mancheas de humanidade en personaxes desamparados, errantes, desacoplados, que nos lembran que o ser humano, aínda en situacións moi difíciles, é quen de se erguer ou, canto menos, como fai Estragón no final da obra, de volver poñer os pantalóns, que a falta de cinto se atan cunha corda.

Idade: Maiores de 14 años

Duración: 1h y 50 min

Dirección: Antonio Simón

Escenografía: Paco Azorín

Elenco: Pepe Viyuela, Antonio Garrido, Alberto Jiménez, Jesús Lavi e Fernando Albizu

Produción: Pentación

Prezo: desde 21,00 €. Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com

 

Hora

(Domingo) 19:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa