outubro, 2017

20out22:30Escuchando Elefantes na Sala Karma22:30 Sala Karma. Marqués de Riestra, 30. 36001 PontevedraEvento tipo:Música

Máis

Detalles do Evento

Escuchando Elefantes son dúas voces que chegaron a soar como unha. A dínamica e forza que transmiten ao público coas súas cancións débese á súa paixón por tocar na rúa, na que se formaron como músicos.

Percorreron Europa compartindo experiencias con músicos como os oscarizados Glen Hansard e Markéta Irglová, Paddy Casey, Damien Rice, Bono (U2), Lisa Hannigan, Hozier, Kodaline e Sinead O’Connor, entre outros.

En 2012 publican o seu primeiro album de estudo editado de forma totalmente independente, recibindo unha xenerosa acollida por parte do público que encheu o aforamento das salas. Acompañado dunha gran repercusión mediática, ‘Show & Tell’ soou nun gran número de paises e festivais.

En 2014 despois de gravar en España, Irlanda, USA e UK presentan o seu segundo traballo “Happy Lonely People” nun abarrotado Teatro Colón. Repetindo o éxito do seu primeiro álbum e engadindo nomeamentos e premios.

A finais de 2016 Sílvia e Carlos cambian o formato da banda e comezan a intercambiar instrumentos no escenario tocando ambos os baterías e guitarras, o que lles leva a un son máis eléctrico e enérxico. Nese mesmo ano, realizan a gravación do seu último album “Hope”. Publicado en marzo de 2017.

Apertura de portas ás 22:00 h.

+info. en facebook.com/SalaKarmaPO

 

Hora

(Venres) 22:30

Localización

Sala Karma

Sala Karma. Marqués de Riestra, 30. 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa