setembro, 2019

24setTodo o DíaMUNICIPAL"CANTARES DE UNA REVOLUCIÓN". Proxección do Cineclube Pontevedra(Todo o Día: martes) Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

 

CINEMA E MEMORIA HISTÓRICA

RAMÓN LLUÍS BANDE: FILMAR A MEMORIA, CONSTRUÍR O FUTURO

O Cineclube Pontevedra dedícalle os martes de setembro ao cineasta e escritor xixonés Ramón Lluís Bande (1972). Bande foi seleccionado polo Festival de Málaga e a Editorial Cátedra, no libro Al otro lado de la ficción, coma un dos principais nomes da non ficción española, a canda figuras coma Jose Luis Guerín ou Joaquim Jordà. A súa obra, rigorosa e coherente, é un acto de resistencia cinematográfica e política: unha ferramenta mediante a cal reivindicar a memoria, invocar a historia dende o presente, reescribila para construír o futuro. A través dela, sen recorrer a chantaxes sentimentais nin golpes de efecto, ve a luz, resignificándose, a historia de Asturies que non foi contada.

 

MARTES 24 ás 20:30 | Teatro Principal de Pontevedra
________________________________________
CANTARES DE UNA REVOLUCIÓN
Ramón Lluís Bande, 2018, 79 min.
Lingua orixinal: castelán e asturiano.
________________________________________
Cantares, verbas, lugares. Mesturando os sucesos de outubro de 1934, que tiveron en Asturies un dos lugares máis convulsos, co cancioneiro popular interpretado polo tamén asturiano Nacho Vegas, Bande constrúe un poema fílmico de fondas resonancias políticas. Xuntos percorren algúns dos escenarios máis significativos da insurrección obreira e campesiña asturiana, coa música popular coma mapa e as palabras de Belarmino Tomás, presidente do Terceiro Comité Revolucionario, coma brúxula.

 

———————————————

O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades. Asóciate!

————————————————

 

CARTAZ SETEMBRO

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com

 

Hora

Todo o Día (Martes)

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X