febreiro, 2020

25febTodo o DíaMUNICIPALEntroido Pontevedra 2020(Todo o Día: martes) Evento tipo:Escena,Exposicións,Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

 

MARTES 25 DE FEBREIRO

De 9.30 a 14.00 horas VI Campamento Urbano Entroido Pirata. Para nenas e nenos de 5 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670.

16.30 horas Mercado de abastos. XXV Festa da Filloa, concurso de filloas.
Organiza: Radio Voz.
Promove: Concello de Pontevedra.

17.00 horas Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil.
Animación infantil con Rivel e varios DJ

22.00 horas Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado pirata! Únete ao Pirata da Moureira!
Asociación Combrus e Troula A continuación animación de rúa coas comparsas:

Os da Caña
Solfamidas
Las Flores del Carnaval
Os Miúdos
As Sonecas
Os Paparrulos
Os Canecos
Os 100 Tolos
Amoriños de Bora
Vamos a Todo

….

O Entroido pontevedrés continuará cunha programación ininterrumpida ata o sábado 29 de febreiro.

No cartaz do Entroido 2020 Ravachol tórnase arte contemporánea. Está baseado na polémica instalación artística dun plátano pegado á parede e o orixinal será subastado online para destinar o recadado á investigación sobre o cancro.

 VER PROGRAMA ENTROIDO PONTEVEDRA 2020

 

 

Hora

Todo o Día (Martes)

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa