febreiro, 2020

29febTodo o DíaMUNICIPALEntroido Pontevedra 2020(Todo o Día: sábado) Evento tipo:Escena,Exposicións,Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

 

SÁBADO 29 DE FEBREIRO

12.00 horas Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo, actuación de Comando Foucellas e Os Alegres.

13.00 horas Murgas na Rúa
Murga PTV
Murga Os do Val do Lérez
Murga Equipo Ja
Murga do Naveiro
Prazas de Curros Enríquez, Méndez Núñez, Verdura, praza de abastos e da Leña.

18.00 horas Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso.

21.00 horas Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Os 100 Tolos, Os Paparrulos, Os Miúdos, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo, Os da Caña e As Sonecas percorrendo as rúas de San Román, A Ferraría, paseo de Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría.

VELORIO INFAUSTO

Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.

Programa:
1º Introito coa lectura dunha elexía para o finado.
2º Os de Algures, velorio tradicional
3º Celme, danza da morte
4º Saeta Val do Lérez
5º Incineración do loro Ravachol

….

No cartaz do Entroido 2020 Ravachol tórnase arte contemporánea. Está baseado na polémica instalación artística dun plátano pegado á parede e o orixinal será subastado online para destinar o recadado á investigación sobre o cancro.

 VER PROGRAMA ENTROIDO PONTEVEDRA 2020

 

 

Hora

Todo o Día (Sábado)

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa