marzo, 2019

01marTodo o Día16MUNICIPALEntroido Pontevedra 2019(Todo o Día) Evento tipo:Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

 

VENRES 1 DE MARZO

20 h. Praza da Ferraría. Degustación de filloas de Entroido.

21 h. Praza da Ferraría. Recepción do alcalde a Urco, rei do Entroido, quen chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, Amoriños de Bora, Las Flores del Carnaval, Os Solfamidas e Os Paparrulos, As Sonecas e Os Miúdos.

Lectura do pregón a cargo da agrupación Os Solfamidas.

 

SÁBADO 2 DE MARZO

11 h. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos.

16 h. José Malvar. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.

17 h. Desfile do Entroido. Saída dende a rúa José Malvar; percorrerá as rúas Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda.

20 h. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.

 

LUNS 4 DE MARZO

De 9.30 a 14 h. V Campamento Urbano Entroido Pirata Para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670.

17 h. Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces.

19:30 h. Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación: Comando Foucellas.

21 h. Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXVIII Concurso de Murgas.

 

MARTES 5 DE MARZO

De 9.30 a 14 h. V Campamento Urbano Entroido Pirata Para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670.

16.30 h. XXIV Festa da Filloa, concurso de filloas. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra. Mercado de abastos.

17 h. Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel e varios DJ.

22 h. Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado pirata! Únete ao Pirata da Moureira! Asociación Combrus e Troula. A continuación animación de rúa coas comparsas: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Miúdos, As Sonecas, Os Paparrulos, Os Canecos, Amoriños de Bora, Vamos a Todo e Equipo Ja.

 

MÉRCORES 6 DE MARZO

16.30 h. Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do Entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca. Festival infantil do Entroido.

17 h. Praza da Peregrina. Obradoiro: As máscaras de Ravachol.

18 h. Discoteca Daniel. Baile de disfraces para persoas maiores. Orquestra Bahía.

19 h. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación de Xeitura.

21 h. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXVIII Concurso de Murgas.

 

XOVES 7 DE MARZO

21 h. Pazo da Cultura. Final do XXVIII Concurso de Murgas.

 

VENRES 8 DE MARZO

22.30 h. Prazas e rúas da cidade. XXV Mostra da Parodia do Entroido.

01 h. Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXV Mostra da Parodia do Entroido.

 

SÁBADO 9 DE MARZO

12 h. Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo, actuación de Comando Foucellas e Os Alegres.

13 h. Murgas na Rúa. Murga PTV, Murga Os do Val do Lérez, Murga Equipo Ja e Murga do Naveiro. Prazas de Curros Enríquez, Méndez Núñez, Verdura e Leña.

18 h. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso.

21 h. Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Os 100 Tolos, Os Miúdos, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo, Os da Caña e As Sonecas percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría.

VELORIO INFAUSTO

Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.

……….

 

15 E 16 DE MARZO. VII XORNADAS SOBRE O ENTROIDO EN GALIZA

LUGAR: CITA

HORARIO: 18.00 a 21.00 h

Exposición fotográfica sobre o Entroido de Galiza. Aberta mañá e tarde.

 

VENRES 15 DE MARZO

18.00 h. Apertura das xornadas

18.15 h. Conferencia de Xosé Anxo Rosales e Guillerme Costas: “Achegamento ao teatro popular no Entroido de Pazos de Borbén”

19.00 h. Conferencia de Pedro Basalo: “Historia recente do boteiro de Viana do Bolo”

19:50 h. Conferencia de Xerado Dasairas: “As máscaras no Entroido ourensán”

20.45 h. Mesa redonda e coloquio cos relatores.

 

SÁBADO 16 DE MARZO

18.00 h. Apertura da xornada do sábado.

18.15 h. Presentación de traballos sobre o Entroido da Sociedade Antropolóxica Galega.

18.45 h. Conferencia Emilia Cagiao: “A repercusión do Entroido de Samede”.

19.45 h. Conferencia de Patricia Cordeiro: “Carnaval de Podence: de ritual comunitario a ícona nacional”.

20.45 h. Mesa redonda e coloquio final.

21.00 h. Clausura das xornadas.

……….

+info. e bases en PROGRAMA ENTROIDO PONTEVEDRA 2019

 

Hora

marzo 1 (Venres) - 16 (Sábado)

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa