marzo, 2019

09mar12:00MUNICIPALEntroido Pontevedra 2019. Sábado 9 de marzo12:00 Evento tipo:Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

 

SÁBADO 9 DE MARZO

12 h. Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo, actuación de Comando Foucellas e Os Alegres.

13 h. Murgas na Rúa. Murga PTV, Murga Os do Val do Lérez, Murga Equipo Ja e Murga do Naveiro. Prazas de Curros Enríquez, Méndez Núñez, Verdura e Leña.

18 h. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso.

21 h. Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Os 100 Tolos, Os Miúdos, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo, Os da Caña e As Sonecas percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría.

VELORIO INFAUSTO

Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.

Programa:

1º Introito coa lectura dunha elexía para o finado

2º Os de Algures, velorio tradicional

3º Celme, danza da morte

4º Saeta Val do Lérez

5º Incineración do loro Ravachol

+info. en PROGRAMA ENTROIDO PONTEVEDRA 2019

 

Hora

(Sábado) 12:00

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa