febreiro, 2019
Detalles do Evento
Proxección do filme En corpo e alma, organizada polo Cineclube Pontevedra. A teströl és a lélekröl, Ildikó Enyedi, Hungría, 2017, 116 min. Lingua: húngaro.Sinopse: María comeza a traballar coma supervisora
Detalles do Evento
Proxección do filme En corpo e alma, organizada polo Cineclube Pontevedra.
A teströl és a lélekröl, Ildikó Enyedi, Hungría, 2017, 116 min. Lingua: húngaro.
Sinopse: María comeza a traballar coma supervisora nun matadoiro de Budapest, onde logo comezan a xurdir rumores e dixomedíxomes arredor dela. Durante os almorzos opta sempre por sentar soa, é consciente dos seus deberes e obrigas e tenlles un estricto apego ás normas. O seu mundo componse de cifras e datos impresos na memoria dende a súa infancia. Endre, o seu xefe, é un tipo tranquilo. Ambos comezarán a coñecerse lentamente.
Oso de Ouro ao Mellor filme, Premio Fipresci e Premio do Xurado Ecuménico na Berlinale 2017 / Seleccionada por Hungría para os Oscar 2018 / Sección Perlas en Donostia 2017 / Mellor Filme en Sidney 2017.
«Coa mirada posta no reino animal, a directora húngara establece unha poderosa analoxía acerca das dinámicas sociais difíciles, diferentes e estigmatizadas que sofren as persoas que se desvían da norma» (Cristina Aparicio, Caimán).
O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.
Asóciate por 60 € ao ano, 18 € ao trimestre ou 2 € por pase.
+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com
Máis
Hora
(Martes) 20:30
Localización
Teatro Principal
Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6