marzo, 2020

06mar20:30"El coronel no tiene quien le escriba"20:30 Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 PontevedraEvento tipo:Escena

Máis

Detalles do Evento

Imanol Arias e Cristina de Inza encabezan o elenco de “El coronel no tiene quien le escriba”, de Gabriel García Márquez.

Unha historia de amor e esperanza nun mundo miserable.

O vello coronel, xunto a súa muller, vive na miseria, agardando pola carta do goberno que lle comunique a concesión da pensión prometida polos seus servizos durante a guerra. Mais esa carta nunca chega, e mentres, a vella parella malvive na pobreza, alimentando un galo de pelexa que é a súa única esperanza de supervivencia. A medida que avanza o tempo e a carta segue sen chegar, deberán enfrontarse a un dilema: alimentar o galo ou alimentárense eles. A cobiza do pobo, a usura dos supostos amigos, a fatalidade e estupidez da guerra, mestúranse coa soidade do vello coronel vencido pola vida, mais ao que aínda lle quedan dous tesouros: o amor e a dignidade.

DIRECCIÓN: Carlos Saura

VERSIÓN: Natalio Grueso

ELENCO: Imanol Arias, Cristina de Inza, Jorge Basanta, Fran Calvo e Marta Molina

ESCENOGRAFÍA: Carlos Saura

Prezo: desde 21,00 €. Entradas á venda en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa