xaneiro, 2018

21xan12:00MUNICIPALDomingos do Principal. "Sin remite", de Jean Philippe Kikolás12:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Jean Philippe Kikolás será o encargado de abrir con “Sin remite”, o ciclo de teatro para toda a familia Domingos do Principal, sustituíndo a Marcel Gross, que non poderá representar o espectáculo “Universario” por problemas de saúde.

Un espectáculo de circo teatro e humor xestual. Unha persoaxe sin palabras, que desperta un aire de nostalxia. Un xogo coa escena, os obxetos e o público. Con esta premisa de xogo se presenta “Sin remite” que a través de técnicas como o teatro xestual, comedia slapstick ou diferentes gags visuais, nos introduce no seu particular mundo e nos achega a un oficio que cada vez nos parece máis distante. Utiliza variadas técnicas de circo, escaleira libre, manipulación de obxetos, malabares de rebote e un sinfín de solucións para os conflictos que se plantexan, que lle levarán incluso a introducirse dentro dun globo xigante. Inspirado no cómico francés Jacques Tati, e a súa cortometraxe L’Ecole duFacteurs (1947).

Espectáculo de clown, recomendado a partir de 4 anos.

Este ano tamén haberá dobre función, de mañá e de tarde. As funcións para público familiar serán ás 12:00 h e ás 18:30 h no Teatro Principal de Pontevedra.

Ten en conta que para acceder ao recinto cada espectador debe ter unha entrada, independentemente da súa idade e de se ocupa ou non butaca.

No PROGRAMA DOMINGOS DO PRINCIPAL poderás consultar a idade mínima recomendada para cada función.

 

PREZO E ENTRADAS INDIVIDUAIS

Entrada única: 4,00€ por persoa e función (máis gastos de tramitación) á venda no despacho de billetes da Casa da Luz (Praza da Verdura, aberto de luns a sábado de 09:30 a 14 h. e de 16:30 a 19:30 h. e domingos e festivos de 10 a 14 h.), na web do Pazo da Cultura, facebook ou en Ticketea

De non esgotarse na venda anticipada, tamén 2 horas antes de cada función na billeteira do Principal.

 

ABONOS

O abono para as 7 funcións: 21,00€ (máis gastos de tramitación), dará dereito a asistir aos 7 espectáculos programados entre o 21 de xaneiro e o 11 de marzo, recomendados a partir de 3 anos. Podes mercar o teu abono no despacho de billetes da Casa da Luz (Praza da Verdura, aberto de luns a sábado de 09:30 a 14 h. e de 16:30 a 19:30 h. e domingos e festivos de 10 a 14 h.), por billeteira telefónica no 902 044 226 ou por internet na web do Pazo da Cultura, facebook ou en Ticketea

Poderás escoller entre dous tipos de abono:

1) Abono de mañá: Darache acceso ao pase matinal das 12:00 h nas 7 funcións do Teatro Principal.

2) Abono de tarde: Darache acceso ao pase das 18:30 h nas 7 funcións do Teatro Principal.

 

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa