febreiro, 2018

18feb12:00MUNICIPALDomingos do Principal. “Concerto Singular”, por Píscore (Galiza)12:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Máis…,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Píscore (Galiza) presenta o espectáculo “Concerto Singular”, dentro do festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal.

Catro actores/músicos, 16 baquetas e só unha marimba. Un pouco complicado para dar un concerto, pero os catro músicos van intentar sacarlle partido. Equívocos, probas, solucións loucas… Até que por fin logran poñerse de acordo e sacar un son incríbel despois de moitas risas.

Musicomedia xestual. Duración: 60 minutos Recomendado a partir de 4 anos.

Este ano tamén haberá dobre función, de mañá e de tarde. As funcións para público familiar serán ás 12:00 h e ás 18:30 h no Teatro Principal de Pontevedra.

Ten en conta que para acceder ao recinto cada espectador debe ter unha entrada, independentemente da súa idade e de se ocupa ou non butaca.

No PROGRAMA DOMINGOS DO PRINCIPAL poderás consultar a idade mínima recomendada para cada función.

 

PREZO E ENTRADAS INDIVIDUAIS

Entrada única: 4,00€ por persoa e función (máis gastos de tramitación) á venda na web do Pazo da Cultura, facebook ou en Ticketea

De non esgotarse na venda anticipada, tamén 2 horas antes de cada función na billeteira do Principal.

 

ABONOS

O abono para as 7 funcións: 21,00€ (máis gastos de tramitación), dará dereito a asistir aos 7 espectáculos programados entre o 21 de xaneiro e o 11 de marzo, recomendados a partir de 3 anos. Podes mercar o teu abono exclusivamente por billeteira telefónica no 902 044 226 ou por internet na web do Pazo da Cultura, facebook ou en Ticketea

Poderás escoller entre dous tipos de abono:

1) Abono de mañá: Darache acceso ao pase matinal das 12:00 h nas 7 funcións do Teatro Principal.

2) Abono de tarde: Darache acceso ao pase das 18:30 h nas 7 funcións do Teatro Principal.

 

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa