febreiro, 2020

09feb12:00MUNICIPALDomingos do Principal - "Universario" de Marcel Gross12:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Marcel Gross (Catalunya) presenta “Universario”, dentro do festival de teatro para toda a familia “Domingos do Principal”.

Nun pequeno universo de letras vogais que se transforman en edificios e paisaxes, Marcel brinca coas palabras e os obxectos e transforma a realidade a base de risa e imaxinación. Un presentador impresentábel, un mimo falante, un concertista desconcertante, un ilusionista desilusionado, un oriental desorientado e un astronauta desorbitado… son algúns dos convidados. Só faltas ti… Feliz UNIVERSARIO!

Clown.
Duración: 55 minutos.
Recomendado a partir de 3 anos.

Dobre función: pola mañá ás 12:00 e pola tarde ás 18:30 h.

As entradas soltas a un prezo de 4 euros en Ataquilla.com e abonos matinais o u de tarde para todo o ciclo, a un prezo de 21€ + gastos.

A venda de abonos será exclusivamente a través de Ataquilla.com ou a da súa billeteira telefónica. As entradas por espectáculo estarán tamén á venda na Casa da Luz.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa