febreiro, 2018

04feb12:00MUNICIPALDomingos do Principal. "Amigoo", de Mumusic Circus12:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Máis…,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

“Amigoo”, de Mumusic Circus sustitúe o espectáculo “Refugie Poetique”, de Clarie Ducreux.

Un fragmento nas vidas dun home e unha muller. Un circo entre dous. Anaquiños de intimidade nunha travesía xestual e musical cara ao máis profundo e sincero de cada un. Xuntos tecen un mundo irreal de poesía e complicidade nun cego intento de romper co mito da soidade como condición humana neste mundo. Estalan momentos de delirio de disparate entre bailes e acrobacias, desmantelando así o seu propio circo interior..

Recomendado a partir de 3 anos.

 

Este ano tamén haberá dobre función, de mañá e de tarde. As funcións para público familiar serán ás 12:00 h e ás 18:30 h no Teatro Principal de Pontevedra.

Ten en conta que para acceder ao recinto cada espectador debe ter unha entrada, independentemente da súa idade e de se ocupa ou non butaca.

No PROGRAMA DOMINGOS DO PRINCIPAL poderás consultar a idade mínima recomendada para cada función.

 

PREZO E ENTRADAS INDIVIDUAIS

Entrada única: 4,00€ por persoa e función (máis gastos de tramitación) á venda no despacho de billetes da Casa da Luz (Praza da Verdura, aberto de luns a sábado de 09:30 a 14 h. e de 16:30 a 19:30 h. e domingos e festivos de 10 a 14 h.), na web do Pazo da Cultura, facebook ou en Ticketea

De non esgotarse na venda anticipada, tamén 2 horas antes de cada función na billeteira do Principal.

 

ABONOS

O abono para as 7 funcións: 21,00€ (máis gastos de tramitación), dará dereito a asistir aos 7 espectáculos programados entre o 21 de xaneiro e o 11 de marzo, recomendados a partir de 3 anos. Podes mercar o teu abono no despacho de billetes da Casa da Luz (Praza da Verdura, aberto de luns a sábado de 09:30 a 14 h. e de 16:30 a 19:30 h. e domingos e festivos de 10 a 14 h.), por billeteira telefónica no 902 044 226 ou por internet na web do Pazo da Cultura, facebook ou en Ticketea

Poderás escoller entre dous tipos de abono:

1) Abono de mañá: Darache acceso ao pase matinal das 12:00 h nas 7 funcións do Teatro Principal.

2) Abono de tarde: Darache acceso ao pase das 18:30 h nas 7 funcións do Teatro Principal.

 

+info. en pazodacultura.org

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa