febreiro, 2020

16feb12:00MUNICIPALDomingos do Principal - "Alicia y las ciudades invisibles" de Onírica Mécánica12:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Onírica Mécánica (Cartagena) presenta “Alicia y las ciudades invisibles”, dentro do festival de teatro para toda a familia “Domingos do Principal”.

Alicia está aborrecida. De súpeto escoita os pasos dun coello que se mete no seu tobo. Decide seguilo e cruza a porta cara a un enigmático mundo, no que non existe o tempo e nada é o que parece en realidade.

Alicia adentrarase entre dúbidas, anceios, medos e misterios, nun percorrido iniciático polas cidades invisíbeis, territorios que só existen na imaxinación e nos soños poboados por seres estraños e algún que outro monstro.

“Alicia y las Ciudades Invisibles” é unha adaptación libre de Alicia no País de Marabillas de Lewis Carroll, cunha proposta multidisciplinar e contemporánea.

Premio Drac D´or á proposta mais innovadora na Feira de Titelles de Lleida 2018.

Teatro visual obxectos e tecnoloxía.

Duración: 50 minutos Recomendado a partir de 7 anos.

Dobre función: pola mañá ás 12:00 e pola tarde ás 18:30 h.

As entradas soltas a un prezo de 4 euros en Ataquilla.com e abonos matinais o u de tarde para todo o ciclo, a un prezo de 21€ + gastos.

A venda de abonos será exclusivamente a través de Ataquilla.com ou a da súa billeteira telefónica. As entradas por espectáculo estarán tamén á venda na Casa da Luz.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa