marzo, 2019

10mar12:00MUNICIPALDomingos do Principal 2019 - 'Euria (Chuvia)', por Markeliñe (Euskadi)12:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Markeliñe (Euskadi) presenta “Euria (Chuvia)”, dentro do festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal.

A perda dun ser querido é un feito natural, o xeito de vivir esas ausencias, como choralas e como recuperarse de novo é unha circunstancia da vida que tamén debe ser explicada na infancia.

Metáforas visuais, toques de humor e moita poesía para falar da nosa capacidade de superación.

Premio FETEN 2017 ao Mellor Espectáculo.

Teatro de actor. Danza.

Duración: 55 minutos.

Recomendado a partir de 6 anos.

Dobre función, unha pola mañá ás 12:00 h. e outra pola tarde ás 18:30 h.

Entrada única: 4,00 € por persoa e función (máis gastos de tramitación).

Venda anticipada en www.ataquilla.com ou no 902 504 500. Tamén en www.pazodacultura.org e na Casa da Luz.

De non esgotarse na venda anticipada, a billeteira estará aberta 2 horas antes de cada función.

As butacas de mobilidade reducida están destinadas só para as persoas que acceden con cadeira de rodas. Os acompañantes deben comprar butaca aparte, pero non se reservan as de proximidade.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa