febreiro, 2019

24feb18:30MUNICIPALDomingos do Principal 2019 - 'Emportats', por Trócola Circo (Alacant)18:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

La Trócola Circo (Alacant) presenta “Emportats”, dentro do festival de teatro para toda a familia Domigos do Principal.

Espectáculo de circo con humor, música e poesía para todas e todos, recomendado a partir de 3 anos.

Cinco portas que se abren e se pechan, cinco portas que se moven e cambian de lugar.

Cinco actores, ou músicos, ou malabaristas, ou equilibristas…

Dobre función, unha pola mañá ás 12:00 h. e outra pola tarde ás 18:30 h.

Entrada única: 4,00 € por persoa e función (maís gastos de tramitación).

Venda anticipada en www.ataquilla.com ou no 902 504 500. Tamén en www.pazodacultura.org e na Casa da Luz.

De non esgotarse na venda anticipada, a billeteira estará aberta 2 horas antes de cada función.

As butacas de mobilidade reducida están destinadas só para as persoas que acceden con cadeira de rodas. Os acompañantes deben comprar butaca aparte, pero non se reservan as de proximidade.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Domingo) 18:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa