febreiro, 2019

25feb20:30MUNICIPALDoc do Mes: "Ouaga Girls"20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

O ciclo Doc do Mes presenta o documental “Ouaga Girls”, dirixido por Theresa Traoré Dahlberg en 2017.

Na capital de Burkina Faso, Uagadugú, un grupo de mozas novas estudan nunha escola para converterse en mecánicas de coches. Entre martelos e chaves inglesas comparten risas, irmandade e amizade. Os seus soños e desexos mestúranse cos valores dun país e coas expectativas da sociedade que as rodea sobre como debe ser supostamente unha muller.

Nun país cun paro xuvenil do 52% e cun triste pasado, atopar traballo converteuse nunha das grandes preocupacións dos adolescentes e mozos deste país africano. Unha inspiradora historia sobre as eleccións que se toman na vida e o esforzo que supón atopar un camiño propio entre as opinións, medos e expectativas dos demais.

As vidas destas mozas no momento crucial en que terminan os estudos achégannos á inevitable e difícil transición universal da adolescencia á vida adulta. Unha poética descrición do que significa ser unha muller nova hoxe en Burkina Faso.

Organizado pola Vicerreiroría do Campus de Pontevedra.

Entrada de balde ata completar cabida.

+info. en eldocumentaldelmes.com

 

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa