outubro, 2017

01outTodo o Día29DepoRutas BTT(Todo o Día) Evento tipo:Máis…

Máis

Detalles do Evento

As DepoRutas 2017 son dúas rutas circulares para bicicleta de montaña que combinan a práctica deportiva coa descuberta da paisaxe e da etnografía das vilas interiores da provincia de Pontevedra. A DepoRuta Sabucedo achéganos á comarca de Tabeirós-Terra de Montes e a DepoRuta Pontillón do Castro lévanos ao monte Acival, que ofrece unhas fantásticas perspectivas dos concellos que se atopan nas súas faldras: Pontevedra, Moraña, Campo Lameiro e Barro.

Cun percorrido de 30 km., as rutas presentan un nivel de dificultade alcanzable para as persoas que se están a iniciar na bicicleta de montaña. Tamén están dirixidas a aquelas persoas que queiran descubrir novos espazos nas que practicar ciclismo.

DOMINGO 1 DE OUTUBRO

A DepoRuta Pontillón do Castro lévanos ao monte Acival, e pasa por lugares tan singulares coma o pasteiro de Amil ou a contorna do petróglifo da Pedra da Serpe e a capela de Santo Antón.

É unha ruta de 29 km. cun desnivel acumulado de 700 m., que non require dunha gran forma física. Punto de encontro e de partida nas instalacións náuticas do Pontillón do Castro.

Inscrición do 6 ao 18 de setembro de 2017.

DOMINGO 29 DE OUTUBRO

A DepoRuta Sabucedo permite coñecer corredoiras, camiños agrícolas e vilas de Tabeirós-Terra de Montes, onde se conservan bosques tradicionais galegos e mostras de etnografía. É unha ruta circular de 30 km cun desnivel acumulado de 750 m, que non require dunha gran forma física. Punto de encontro e de partida: zona da igrexa de Sabucedo.

Inscrición do 2 ao 16 de outubro de 2017.

+info. en depo.es/deporuta

 

Hora

outubro 1 (Domingo) - 29 (Domingo)

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa