setembro, 2017

29set20:30DEPEDRO na Sala Karma20:30 Sala Karma. Marqués de Riestra, 30. 36001 PontevedraEvento tipo:Música

Máis

Detalles do Evento

DEPEDRO é o proxecto musical de Jairo Zavala, iniciado en 2008 co disco “Depedro” gravado coa banda estadounidense CALEXICO en Tucson Arizona, colaboración que continúa ao estar presentes en todos os discos ata agora e faise mutua ao ser o guitarrista da banda.

Desde ese momento ata hoxe o proxecto transfronteirizo DEPEDRO envorcou influencias musicais, estéticas e culturais de Latinoamérica, África,o Mediterráneo ou Estados Unidos nunha carreira musical que alcanza xa catro discos longos (“Depedro” “Nubes de Papel” “La Increíble Historia de un Hombre Bueno” e “El Pasajero”), varios Eps e singles, así como o documental “Casamance” sobre a súa viaxe musical a Senegal xunto a Anxo Carmona (radio3) da realizadora Pomba Zapata.

A súa música levoulle aos cinco continentes, xiras por todo o continente americano, Estados Unidos, México, Arxentina, centro América, Brasil, Australia e Nova Zelandia, China, África, toda Europa, Rusia…

Os seus discos están publicados en máis de 30 países. As súas colaboracións son con músicos de todo o mundo en diferentes idiomas e procedentes de moitas culturas, ese é un dos selos de identidade do artista.

Prezo: 14 € (anticipada) e 16 € (billeteira). Entradas anticipadas á venda en ticktackticket.com

+info. en facebook.com/SalaKarmaPO

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Sala Karma

Sala Karma. Marqués de Riestra, 30. 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa