xaneiro, 2020

17xan20:30"Curva España", de Chévere20:30 Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 PontevedraEvento tipo:Escena

Máis

Detalles do Evento

A nova obra de Chévere integra unha sorprendente narrativa cinematográfica que funciona coma un thriller documental construído en directo

Curva España vai dun crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes. A peza xoga co formato documental, combinando teatro e cinema en directo. Funciona coma unha alegoría da construción do estado-nación español, coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou.

Idade: maiores de 13 años

Duración : 90 minutos.

Dirección: Xron

Elenco: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leticia T. Blanco

Produción: Chévere en coprodución con Teatros del Canal, MIT Ribadavia e Concello de Teo

Chévere é unha compañía comprometida e anovadora, Premio Nacional de Teatro 2014. Converteuse nun dos grupos teatrais máis populares e queridos de Galicia, sorprendendo o público co seu peculiar sentido do humor e cunha estética e un estilo propios moi recoñecibles.

Prezo: desde 12,00 €. Entradas á venda en Ataquilla.com

 

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa