decembro, 2019

11dec19:00Conferencia con Álex Rovira "Educar es amar"19:00 Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 PontevedraEvento tipo:Máis…

Máis

Detalles do Evento

O escritor, economista, conferenciante internacional e consultor Álex Rovira, un dos maiores expertos en Psicoloxía do Liderado, ofrécenos a conferencia «Educar é amar».

O Auditorio Sede Afundación de Pontevedra acolle o evento o 11 de decembro, dentro do ciclo Educación s. XXI. Non perdas este encontro que nos axudará a darnos conta de que ensinar pasa por abrirse aos demais, empatizar e comprender, aprendendo a manexar o vínculo do amor. Rovira defende que amar é básico en todos os eidos da nosa vida.

A conferencia, baseada no seu último libro Amor, da editorial Zenith, proponnos unha nova forma de entender e promover a enerxía máis poderosa que temos: a que nos une aos demais. O amor é comprender, o amor é coidar, o amor é inspirar. Unha invitación á reflexión para elevar a calidade do noso vínculo co alumnado, coas nosas hillas e fillos, e xerar unha rede positiva e necesaria de relacións interpersoais, que desemboque en actitudes máis receptivas, atentas e agradecidas. A unión e a confianza deben imperar nos nosos espazos familiares e profesionais. Ás veces, nas nosas casas podemos perder esta unión positiva que nos inspira. E nas aulas, en xeral, desde a docencia seguimos atrincheirados na distancia e a desconfianza. Álex Rovira faranos reflexionar e achegaranos as claves para que isto non aconteza, valorando e aprendendo a xestionar o noso superpoder: a capacidade para amar.

Entrada de balde, previa reserva en Ataquilla.com

 

Hora

(Mércores) 19:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa