agosto, 2018
Detalles do Evento
“O Poder de Amabel”, actuación infantil de Pérez & Fernández. “O poder de Amabel” é un peza de teatro de monicreques e actores para público familiar inspirada na novela infantil de Érica
Detalles do Evento
“O Poder de Amabel”, actuación infantil de Pérez & Fernández.
“O poder de Amabel” é un peza de teatro de monicreques e actores para público familiar inspirada na novela infantil de Érica Esmoris, editada por Sushi Books.
Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel todavía non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Para descubrilo embarcarase co seu amigo Braulio en aventuras moi peculiares.
Na adaptación teatral Amabel e Braulio, que non se ven dende a escola, reencóntranse casualmente 30 anos máis tarde en Tokio. Alí recordarán o especial ano que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.
Entrada de balde.
Consulta o programa completo das Festas da Peregrina 2018
Máis
Hora
(Mércores) 19:30
Localización
Praza do Teucro
Praza do Teucro. 36002 Pontevedra