decembro, 2019

28dec20:30Concerto de Aninovo coa Strauss Festival Orchestra20:30 Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 PontevedraEvento tipo:Escena,Música

Máis

Detalles do Evento

Avalada por 30 anos de éxito e 5 millóns de espectadores en todo o mundo, esta produción recibiu grandes ovacións nas grandes salas de toda Europa: no Musikverein de Viena, Concertgebouw de Amsterdam, a Philarmonie de Berlín, o Musikhalle de Hamburgo, o Auditorium Parco della Musica de Roma, o Gran Teatre do Liceu ou o Palau da Música de Barcelona, o Teatro Real e o Auditorio Nacional de Música de Madrid, etc.

O programa, inspirado na tradicional cita musical que cada ano celébrase en Viena, inclúe os títulos máis coñecidos do rei do valse, Napoleón, Festa das flores, O valse do emperador ou Champagne. Non faltará o valse máis soado de todos, O Belo Danubio azul, nin a Marcha Radetzky que, compasada polas palmas do público, adoita pechar a velada.

O concerto é un dos eventos máis esperados da tempada musical, polo extraordinario clima festivo que o envolve e pola enorme participación dun público que, ano tras ano, enche as salas. Por iso, hai que apresurarse a comprar as entradas, que cada ano adoitan esgotarse cos que buscan o agasallo perfecto para o Nadal.

Prezo: desde 21,00 €. Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com

 

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa