setembro, 2019

13set(set 13)19:0020dec(dec 20)21:00Ciclo de cinema "JML"(setembro 13) 19:00 - (decembro 20) 21:00 Casa das Campás. Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra Evento tipo:Escena,Máis…

Máis

Detalles do Evento

Neste 2019 conmemorase o 110 aniversario do nacemento de Joseph Leo Mankiewicz, “unha figura senlleira dentro do cinema clásico estadounidense, que reunía as tarefas de director de escena, realizador e guionista”, como lembra o programador Suso Novás.

Co propósito de homenaxear e reivindicar a súa figura, a Vicerreitoría do campus dedica o habitual ciclo de cinema do primeiro cuadrimestre a este realizador norteamericano. Dez proxeccións e un relatorio, que terán lugar os venres ás 19.00 h. na sede da Vicerreitoría, integran a programación dun ciclo que leva por nome “JML”.

Proxección en versión orixinal subtitulada, complementada por unha presentación e posterior coloquio.

 

SETEMBRO

Venres 13: Proxección de “O americano tranquilo” (1958)

Venres 27: Proxección de “O mundo de George Apley” (1947)

 

OUTUBRO

Venres 4: Proxección de “Julio César” (1953)

Venres 11: Proxección de “Odio entre irmáns” (1949)

Venres 18: Proxección de “Murmurios na cidade” (1951)

Venres 25: Relatorio “Imaxe vs representación: o cinema de Joseph Leo Mankievicz”, a cargo do programador e coordinador do ciclo Suso Novás.

 

NOVEMBRO

Venres 8: Proxección de “Operación Cicerón” (1952)

Venres 22: Proxección de “Só na noite” (1946)

Venres 29: Proxección de “Carta a tres esposas” (1949)

 

DECEMBRO

Xoves 5: Proxección de “Mulleres en Venecia” (1952)

Venres 20: Proxección de “O día dos tramposos” (1970).

 

Entrada de balde. Non é necesaria reserva.

+info. en uvigo.gal

 

Hora

Setembro 13 (Venres) 19:00 - Decembro 20 (Venres) 21:00

Localización

Casa das Campás

Casa das Campás. Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra

X