febreiro, 2020

19feb(feb 19)19:0002mar(mar 2)21:00Ciclo de cinema "A vivir que son 100 anos"(febreiro 19) 19:00 - (marzo 2) 21:00 Evento tipo:Escena,Exposicións,Máis…

Máis

Detalles do Evento

Do 18 de febreiro ao 26 de marzo, en colaboración coa Fundación General CSIC, presentamos no Café Moderno Afundación de Pontevedra «A vivir que son 100 anos», unha visión científica sobre a lonxevidade e o envellecemento saudable.

O aumento da esperanza de vida é unha das transformacións máis relevantes que experimentamos como sociedade. Durante o último século e medio gañamos 6 horas de vida por cada día que sobrevivimos. Que fai vivir á xente ata idades tan avanzadas: a xenética, os estilos de vida, as condicións sociais, os avances científicos? Que desafíos sociais se nos presentan e como se preparan as respostas a eles?

Para responder estas e outras preguntas, Afundación organiza visitas didácticas para todas as idades, onde teremos a posibilidad de reflexionar sobre que é o envellecemento, como a contorna condiciona a nosa forma de envellecer e como invertir nas nosas propias vidas para envellecer ben. Hábitos de vida saudables, conexión e empatía entre xeracións, aprendizaxe permanente, aspectos xenéticos, serán algúns dos temas a tratar.

Enmarcada dentro da exposición celebrarase un ciclo de conferencias, un ciclo de cine e unha xornada de portas abertas no Espazo +60.

 

CICLO DE CINEMA

A vitalidade como compañeira de viaxe nas persoas +60 é o fío condutor deste ciclo que pretende ser un canto á vida na súa expresión máis madura, mostrando, a través das películas programadas, que calquera momento da vida é bo para comprometerse, ilusionarse, superarse, gozar e aprender.

O ciclo, que terá lugar na Sede Afundación de Pontevedra, enmárcase na exposición A VIVIR QUE SON 100 ANOS que se mostra no Café Moderno Afundación de Pontevedra grazas á colaboración coa Fundación Xeral CSIC.

Entrada libre ata encher capacidade.

 

El cuarteto

19 febreiro – 19.00 h

Dirección: Dustin Hoffman | Reino Unido | 98 min | NRM 16

Un grupo de vellos amigos que viven nunha residencia para cantantes de ópera retirados organizan cada ano, coincidindo co aniversario de Giuseppe Verdi, un concerto para recadar fondos que lles permitan manter a casa en que viven.

 

Vivir sin parar

25 febreiro – 19.00 h

Dirección: Kilian Riedhof | Alemaña | 110 min | NRM 7

Paul Averhoff foi unha lenda como corredor de maratón. Mesmo gañou o ouro en Melbourne 56. Pero os días de gloria pasaron. Agora ten máis de 70 anos e vive coa súa esposa nun asilo onde para entreterse só pode elixir o coro ou as clases de manualidades. E non aguanta máis.

 

El exótico hotel Marigold

2 marzo – 19.00 h

Dirección: John Madden | Reino Unido | 118 min | TP

Un grupo de maiores ingleses deciden gozar da súa xubilación en Bangalore, unha exótica poboación da India, pero as diferenzas culturais pronto se porán de manifesto creándolles todo tipo de problemas.

Hora

Febreiro 19 (Mércores) 19:00 - Marzo 2 (Luns) 21:00

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa