novembro, 2017

09novTodo o Día30Certificado en Cultura do Vino Nivel II - Viños de España e Portugal(Todo o Día) Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 PontevedraEvento tipo:Cursos,Máis…

Máis

Detalles do Evento

Este curso é o seguinte paso a dar por aqueles afeccionados e profesionais que xa realizasen previamente algún estudo ou formación relacionada co viño. Especialmente, os alumnos que xa obtivesen a Certificación de Nivel Básico. Neste nivel entraremos en maior profundidade no estudo dos viños das zonas máis recoñecidas da península ibérica e desenvolveremos as nosas capacidades de cata.

OBXECTIVO:
Estudo con maior profundidade das técnicas de viticultura e enoloxía, coñecemento de variedades de uva adicionais, inicio á xeografía vitivinícola da península ibérica probando viños de diferentes zonas de España e Portugal. Adestramento das habilidades de cata.

DIRIXIDO A:
Alumnos que obtivesen previamente a Certificación de Nivel Básico ou aquelas persoas que, non cursando o Nivel I, dispoñan xa de coñecementos previos sobre o mundo do viño.

TIPO DE CURSO: Teórico – Práctico, cataranse 20 viños.

REQUISITOS:
Para a obtención deste certificado, o alumno deberá:

  • Asistir ás sesións presenciais do curso (10 horas).
  • Superar o exame tipo test de coñecementos teóricos.
  • Obter unha cualificación superior ao 40% na cata a cegas de 1 viño.

PROGRAMA:
Contidos Teóricos:

  • Profundización en técnicas de viticultura e vinificación.
  • Variedades de uva de España yPortugal.
  • Características das principais zonas vitivinícolas de España e Portugal.
  • Desenvolvemento das capacidades sensoriais para a cata.
  • Contidos Prácticos: Cata comentada de 20 viños

PROFESORES: Poderá atopar o claustro de profesores nesta ligazón: https://goo.gl/QqUx0w

NOVEMBRO
Nº Alumnos: 18
Días: xoves 9, 16, 23 e 30 novembro de 2017
Hora: 18.00 a 20.30 h.
Matrícula: 110 €
Lugar: Sede Afundación Pontevedra – Augusto González Besada, 2-4 – Tlf- 986 10 04 04.

+info. en ataquilla.com

 

Hora

novembro 9 (Xoves) - 30 (Xoves)

Localización

Auditorio Sede Afundación

Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa