febreiro, 2018

01febTodo o Día22Certificado en Cultura do Viño Nivel I - Viños de Galicia(Todo o Día) Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 PontevedraEvento tipo:Cursos,Máis…

Máis

Detalles do Evento

Este curso constitúe o primeiro achegamento ao mundo do viño, iniciando o seu estudo polos 10 conceptos básicos que todo amante do viño debe coñecer para saber interpretalo e gozalo. Aplicación destes conceptos aos viños de Galicia, estudando as características dos viños da nosa contorna máis próxima.

OBXECTIVO:
Coñecer as claves fundamentais para iniciarse no mundo do viño, as súas variedades de uva, climas, chans e diferentes formas de cultivar e elaborar, como modo de ampliar a nosa cultura vitivinícola e desenvolver a nosa memoria sensorial. Aplicaremos este estudo ao coñecemento dos viños elaborados en Galicia.

DIRIXIDO A:
Afeccionados ao mundo do viño así como profesionais de adegas e hostalería que busquen un primeiro achegamento ao viño e, en xeral, a todas aquelas persoas que queiran iniciarse na cata técnica de viños.

TIPO DE CURSO: Teórico – Práctico, cataranse 20 viños.

PROGRAMA:
Estudo de cada unha destas 10 claves á hora de gozar do viño vendo a súa aplicación específica nos viños que se elaboran en Galicia. As 10 claves básicas para gozar do viño:

  • A Historia
  • A Percepción
  • O Chan
  • O Clima
  • A Uva
  • A Viticultura
  • O Traballo en Adega
  • O Servizo
  • A Maridaxe
  • O Mercado e Novas Tendencias

PROFESORES: Poderá atopar o claustro de profesores nesta ligazón: https://goo.gl/QqUx0w

OUTUBRO
Nº Alumnos: 18
Días: Xoves 1, 8, 15, 22 de febreiro de 2018
Hora: 18.00 a 20.30 h.
Matrícula: 90 €
Lugar: Sede Afundación Pontevedra – Augusto González Besada, 2-4 – Tlf- 986 10 04 04.

+info. en ataquilla.com

 

Hora

febreiro 1 (Xoves) - 22 (Xoves)

Localización

Auditorio Sede Afundación

Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa