marzo, 2020

29mar21:00MUNICIPAL"Celebraré mi Muerte". Tempada de Teatro 202021:00 Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 PontevedraEvento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

De madrugada chega unha paciente maior ao servizo de urxencias do hospital onde traballaba. Sometida a dores moi fortes, a paciente e a súa filla rogan ao doutor que acabe definitivamente con ese sufrimento. É entón cando o doutor, saltándose todo protocolo médico, inxecta á paciente 50 mg de cloruro de potasio que acabará definitivamente coa súa vida.

O Dr. Hourmann é un médico, ao que lle cambia a vida para sempre despois de ser declarado culpable de homicidio. Trátase dunha posta en escena onde se pon sobre a mesa o debate profundo que a día de hoxe existe sobre a eutanasia.

Que lle fixo actuar así aquela noite? Unha persoa pode decidir cando e como morrer? Que fariamos nós ante a chegada irreversible da morte?

Entradas en Ataquilla.com a un prezo de 20€ reducido a 15e para carné xove, parados e xubilados.

Hora

(Domingo) 21:00

Localización

Pazo da Cultura

Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa