decembro, 2019

21dec20:30MUNICIPALCarlos Nuñez en concierto20:30 Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 PontevedraEvento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

Convertido en todo un referente internacional da música celta, reivindica desde hai máis de dúas décadas a importancia da nosa música popular.

Carlos Núñez aposta pola música celta como banda sonora da historia do noso pais, con concertos que van máis aló dos circuítos e xéneros standard. Vemos ó noso redor como se lle deu as costas ao patrimonio rural, que actualmente está a recobrar o seu valor. Como se está a demostrar, boa parte desta tradición, que inclúe unha riqueza musical digna de ser coñecida e gozada, é unha herdanza milenaria.

A visión de Carlos das músicas celtas como amables e inclusivas pero tamén históricas, profundas e merecedoras de respecto, poñerase de relevo coa interpretación dalgunhas das composicións celtas de Beethoven, a poucos meses de que se cumpra o seu 250 centenario.

Este ano, o mago das gaitas e as frautas traeranos sorpresas, colaboracións con músicos e faranos viaxar pola esencia da música celta a través de países como Irlanda, Escocia ou Bretaña pero tambien polo mundo hispánico que forma parte do mundo celta.

Carlos Núñez está considerado como un músico extraordinario, dos mais serios e brillantes do mundo, pero tamén é un Artista con maiúsculas: o seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, traspasando con fartura os límites habituais dos seus instrumentos.

A xa tradicional xira de nadal do gaiteiro percorrerá os principais Teatros e Auditorios do país.

Son moitos os premios e nomeamentos que o avalan: Un Grammy polo disco gravado cos seus mestres The Chieftains; dous nomeamentos aos Grammys Latinos; Premio Ondas ao mellor directo e o Premio da Crítica Alemá, Preis der Deutschen Schallplattenkritik. Nos seus discos participaron Luz Casal, The Waterboys, Jackson Browne, Ry Cooder e Roger Hodgson de Supertramp e compartiu escenario con primerísimas figuras tales como Bob Dylan, Sinéad Ou’Connor e The Who.

Venda anticipada de entrada en Ataquilla.com e na Casa da Luz a partir de 19€ + gastos. De non esgotarse, dúas horas antes na billeteira do Pazo da Cultura.

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Pazo da Cultura

Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa