xaneiro, 2019

25xan21:00MUNICIPALCantos de Taberna21:00 Tabernas da cidade de PontevedraEvento tipo:Máis…,Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

Chega a oitava edición de Cantos de Taberna: cinco citas, 10 bares e cinco grupos e un obxectivo: recuperar unha forma tradicional de divertimento.

As citas son os últimos venres do mes, dende o 25 de xaneiro até o 31 de maio.

Co fin de animar á participación, repártense as letras das cantigas nos bares porque son moitas as persoas que tan só coñecen o primeiro retrouso mais non a cantiga completa. Xustamente é un libro de cantigas o premio que recibe, ao final de Cantos de Taberna, a persoa ou grupo que mais se teña implicado e participado nas sucesivas citas do programa.

Cantos de Taberna está a crear escola e cada vez son máis os sitios nos que se organizan encontros para cantar.

· 25 de xaneiro | De 21:00 a 24:00 h.

Son das Ondas, en Maristas e A Botica.

· 22 de febreiro | De 21:00 a 24:00 h.

+Q Cantigas, en Milano e La Casita.

· 29 de marzo | De 21:00 a 24:00 h.

No Cómbaro, en Brasilia e Machuco.

· 26 de abril | De 21:00 a 24:00 h.

Trespés, en Reixas e A Navarra.

· 31 de maio | De 21:00 a 24:00 h.

Maravallada, en Saudade e O Pavero.

 

+info. CANTOS DE TABERNA

 

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Tabernas da cidade de Pontevedra

Tabernas da cidade de Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa