xaneiro, 2018

26xan(xan 26)21:0025mai(mai 25)23:59MUNICIPALCantos de Taberna!(xaneiro 26) 21:00 - (maio 25) 23:59 Tabernas da cidade de PontevedraEvento tipo:Escena,Máis…,Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

Cantos de Taberna é un proxecto cunha grande acollida entre os pontevedreses, e xa van sete anos! Tal é así, que hai grupos nacidos de edicións de Cantos de Taberna, como poden ser Os chispas do Lérez, que este ano súmanse ao cartel.

Cantos de Taberna inclúe cinco citas que comezan o venres 26 de xaneiro e que se repetirán o último venres de cada mes até maio. O horario será o de sempre, de 21.00 a 24.00 h.

A participación é un piar fundamental de Cantos de Taberna e por elo agasallaráselle ás persoas (ou grupo de persoas) máis entusiastas, constantes e participativas cun libro tabernario, que recolle os cantos tradicionais.

Programa (datas, locais e grupos):

• Venres, 26 de xaneiro. No Brasilia e o Machuco. Aquí e alá.

• Venres, 23 de febreiro. No Milano e o Maristas. Mistura.

• Venres, 23 de marzo. No Novo Viñedo e La Casita. Os Chispas.

• Venres, 27 de abril. No Saudade e o Timón. Vento mareiro.

• Venres, 25 de maio. No Reixas e a Navarra. Maravallada.

Hora

Xaneiro 26 (Venres) 21:00 - Maio 25 (Venres) 23:59

Localización

Tabernas da cidade de Pontevedra

Tabernas da cidade de Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa