xaneiro, 2020

31xanTodo o Día29maiMUNICIPALCantos de Taberna 2020(Todo o Día) Evento tipo:Máis…,Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

Serán 10 os bares que acollerán estes cantos colectivos todos os últimos venres de mes ata maio, co acompañamento de grupos musicais da comarca de Pontevedra.

Esta cita colectiva para cantar está organizada polo Concello de Pontevedra e pola Asociación Maravallada.

A primeira cita terá lugar o venres 31 de xaneiro, nos bares Milano e Barallocas e contará co acompañamento do grupo ‘Cantanascroas’.

A seguinte cita será o 28 de febreiro, e terá lugar nos bares Brasilia e Salnés e o grupo acompañante será Madialeva; continuará o 27 de marzo no Reixa e no Navarra co grupo Escaravellos, o 24 de abril no Saudade e na Botica co grupo Cae de Caixón, e o broche final terá lugar no Machuco e no Pavero co grupo de Maravallada.

Ao igual que en edicións anteriores, desde Maravallada introduciranse letras novas no repertorio que será entregado entre o público para facilitar a participación.

Tamén se manterá o costume de entregar “ao grupo que cante con máis entrega e entusiasmo” o libro ‘Repertorio tabernario’ de Luis Torres.

Todas as citas terán un horario de 21 a 24 h.

Hora

Xaneiro 31 (Venres) - Maio 29 (Venres)

X