febreiro, 2019

26feb20:30MUNICIPAL'Burning'. Proxección do Cineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Proxección do filme Burning, organizada polo Cineclube Pontevedra.

Burning, Lee Chang-dong, Corea do Sur, 2018, 148 min. Lingua: coreano.


Sinopse: Jong-su (Yoo Ah-In), un mozo aspirante a escritor, desempregado e aparentemente conmocionado polo consumismo salvaxe que define a sociedade coreana, reatópase cunha antiga compañeira de escola, Hae-mi (Jeong Jong-seo). Tras unha cita e algo de sexo, ela marcha de vacacións a África, de onde regresa acompañada de Ben (Steve Yeun), un compatriota que ten un Porsche, un apartamento de luxo e unhas maneiras arrogantes ben refinadas. Dende o principio, Ben gáñase a Hae-mi con exhibicións de riqueza e ceas románticas, mentres converte a Jong-su en testemuña impotente do seu cortexo, ofrecéndolle xestos de amizade e xenerosidade envoltos en aires de superioridade e tamén en algo máis, non identificable de todo, mais definitivamente sinistro.


Sección Oficial e Premio Fipresci en Cannes 2018 / Sección Oficial Sitges 2018 / Special Presentation no Festival de Cinema de Toronto.


«Con ecos de Faulkner, que xa habitaban implicitamente o relato de Murakami [“Queimar celeiros”, do libro O elefante desaparece] e que no filme se converten en explícitos, Burning posúe uns personaxes fascinantes, mais hai que abrirse á súa atmosfera, á súa estrañeza. Quen agarde respostas e trama, algo que tampouco hai en Murakami, só ha atopar frustración. Quen se dispoña con paixón ante un relato incerto e turbio, entrará no lume recóndito dun gran filme sobre a perdición» (Javier Ocaña, El País)


O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Asóciate por 60 € ao ano, 18 € ao trimestre ou 2 € por pase.

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com

 

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa