outubro, 2017

05out22:30Bombai (Concerto acústico)22:30 Sala Karma. Marqués de Riestra, 30. 36001 PontevedraEvento tipo:Música

Máis

Detalles do Evento

O último tema “Solo si es contigo” do grupo valenciano Bombai está a ter moito éxito a nivel nacional debido a que participa a famosa cantante Bebe e tamén porque forma parte da banda sonora da nova película “Señor dame paciencia”.

Cada un dos seus compoñentes encárgase individualmente de dar o mellor de si mesmo para representar en conxunto as súas mellores versións. Javi Fernández é a voz do grupo e acompáñano Vicente Cervera e Ramón García coa guitarra e o ukelele. A partir de 2013 comeza a súa carreira musical como banda despois de moitos anos dedicandose á música por separado.

Apertura de portas ás 22:00 h. Prezo: 12 € (anticipada, mercando unha, regalámosche a segunda) e 16 € (billeteira).

+info. en facebook.com/SalaKarmaPO

 

Hora

(Xoves) 22:30

Localización

Sala Karma

Sala Karma. Marqués de Riestra, 30. 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa