xullo, 2018

06xul21:00BALLET DE MOSCÚ - "DON QUIXOTE"21:00 Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 PontevedraEvento tipo:Escena,Música

Máis

Detalles do Evento

O Ballet de Moscova presenta unha das obras emblemáticas da historia da danza teatral: “Don Quixote”. Ballet en tres actos, baseado no capítulo XIX do segundo libro de “O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha” de Miguel de Cervantes Saavedra.

Dirixido por TimurFayziev, coreógrafo formado no Marynsky onde foi primeiro bailarín, o Ballet de Moscova foi creado en 1989, e está composto por algúns dos máis destacados bailaríns e coreógrafos dos ballets rusos, como o Bolshoi ou o Stanislavsky.

A música compúxoa Ludwig Minkus. A estrea mundial do ballet efectuouse o 26 de decembro de 1869 no Teatro Bolshoi de Moscova a solicitude dos Teatros Imperiais de Rusia. O propio Petipa revisaría en múltiples ocasións esta obra e a partir das diferentes versións realizadas polo coreógrafo marsellés, o ruso Alexander Gorsky reconstruíu a obra en 1900 obtendo un gran éxito.

O argumento céntrase principalmente nos amores Kitri e o barbeiro Basilio extraído do segundo volume da novela de Cervantes, e nas aventuras dos míticos personaxes de Don Quixote e Sancho Panza ao redor da xove parella.

Primeira parte: 50 minutos. Descanso: 20 minutos. Segunda parte: 45 minutos.

Prezo: desde 24,50 €. Entradas anticipadas á venda en ataquila.com

 

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa