xullo, 2021

13xul(xul 13)20:0029(xul 29)21:30'Atrévete a pensar'ROTEIROS PARA PASEAR PENSANDO E PENSAR PASEANDO20:00 - 21:30 (29) Cidade de PontevedraEvento tipo:Municipal

Detalles do Evento

Nos roteiros ‘Atrévete a pensar’ descubriremos a cidade de Pontevedra dende un punto de vista crítico, curioso e divertido.

O debate e a reflexión xirará en torno a tres eixos temáticos: urbanismo e feminismo; ecoloxía, espazos verdes e loita contra o cambio climático; e o dereito ao espazo público.

Ao remate de cada roteiro abriremos o espazo #Ágora, onde plantexaremos diversas cuestións.

Os roteiros terán lugar os días 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de xullo, en horario de 20:00 a 21:30 horas e para participar é necesario inscribirse en paseapontevedra@gmail.com

Roteiros e datas:

  • Roteiro: ‘En pé de igualdade’. 13 e 15 de xullo de 20:00 a 21:30 horas.
  • Roteiro: ‘Pensa en verde’. 20 e 22 de xullo de 20:00 a 21:30 horas. Actividade orientada a familias.
  • Roteiro: ‘O noso’. 27 e 29 de xullo de 20:00 a 21:30 horas.

Máis

Hora

13 (Martes) 20:00 - 29 (Xoves) 21:30

Localización

Cidade de Pontevedra

Cidade de Pontevedra

X