xaneiro, 2018

19xanTodo o DíaAteneo de Pontevedra: campaña de captación de soci@s(Todo o Día: venres) Ateneo de Pontevedra. Apartado de correos 464 36080 PontevedraEvento tipo:Máis…

Máis

Detalles do Evento

O Ateneo de Pontevedra é un foro cultural aberto á participación, crítico, solidario e analítico.

A cultura envólvenos permitíndonos elaborar miradas diversas sobre o que nos rodea. Constitúe –sen dúbida- un dos nosos sinais de coñecemento máis poderoso e liberador, ao mesmo tempo máis satisfactorio.

O Ateneo de Pontevedra é unha iniciativa cidadá formada por persoas que coidamos que dispor dunha plataforma atenta á creación e recreación de contidos culturais é importante para a cidade e o seu desenvolvemento.

Se desexas formar parte activa e colaborar coas nosas iniciativas, pódeste facer soci@ do Ateneo de Pontevedra por 30 euros ao ano enviando ao correo electrónico cfuentesmoledo@yahoo.es a solicitude cos seguintes datos:

– Nome e apelidos:
– Enderezo postal:
– DNI:
– Teléfono:
– Correo electrónico:
– IBAN (codigo de conta bancaria):

Se o prefires, podes descargar o formulario adxunto e remitilo cumprimentado a cfuentesmoledo@yahoo.es ou ao enderezo postal:

Ateneo de Pontevedra
Apartado de correos 464
36080 Pontevedra

COTA ANUAL: 30 euros.

Hora

Todo o Día (Venres)

Localización

Ateneo de Pontevedra

Ateneo de Pontevedra. Apartado de correos 464 36080 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa