febreiro, 2019

05feb20:30MUNICIPAL'As pantasmas de Ismael'. Proxección do Cineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Proxección do filme As pantasmas de Ismael, organizada polo Cineclube Pontevedra.

Les Fantômes d’Ismaël, Arnaud Desplechin, Francia, 2017, 110 min. Lingua: francés.


Sinopse: Ismael (Mathieu Amalric) é director de cinema e está escribindo o guión dun novo filme inspirado na vida do seu irmán, diplomático, que na súa longametraxe vai ser tamén un espía. Leva xa dous anos saíndo con Silvia (Charlotte Gainsbourg), unha astrofísica que coñeceu nunha festa. Considerándose viúvo, pois 21 anos atrás, a súa esposa Carlota (Marion Cotillard) despareceu sen deixar rastro, a súa vida mudará cando Carlota, de súpeto, apareza cal pantasma.


Sección Oficial no Festival de Cannes 2017 (filme de apertura).


«Les Fantômes d’Ismaël é basicamente unha desas obras que aspira a todo. E faino como só un francés con certo aire presidencial pode facelo: sen o mínimo indicio de pudor, sen medo ás segundas voltas. O filme pódese ler ao tempo coma unha reinterpretación de Vértigo, de Hitchcock; coma unha relectura da filmografía autorrecursiva do propio director (sempre pendente dos lazos invisibles, caprichosos e eternos da familia); coma unha homenaxe ao propio cinema, e, xa postos, coma unha viaxe ao límite da ficción. É cinema que devora cinema» (Luis Martínez, El Mundo).


O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Asóciate por 60 € ao ano, 18 € ao trimestre ou 2 € por pase.

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com

 

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa