marzo, 2019

30marTodo o Día19outMUNICIPALAs Matinés do Principal 2019(Todo o Día) Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

En 2019, As Matinés do Principal regresan por tercer ano consecutivo coa mellor música ao vivo para compartir en familia en horario matutino. Un ciclo para todos os públicos fora dos tópicos do formato habitual das programacións matinais, dirixidas ao público fundamentalmente infantil.

As Matinés do Principal buscan unha audiencia máis ampla e fomentan novos horarios de consumo cultural, apoiando á vida diurna nos locáis da cidade.

Todos os concertos programados comezarán ás 12.30h do mediodía, nun horario asequible tanto para grupos familiares como para o público cada vez máis numeroso que reclama unha oferta de ocio diurno con personalidade e de calidade.

Seguindo a tradición marcada nas súas dous anteriores edicións, a variedade musical das Matinés do Principal ofrece a oportunidade de escoitar e ver no Teatro Principal de Pontevedra a artistas contrastada valía artística e orixinalidade, tales como Ses, Morgan ou McEnroe.

Agardamos contar coa vosa compañía nesta terceira edición das Matinés do Principal. Un ciclo de concertos que, de novo, busca integrarse na vida da nosa cidade e ofertar renovados hábitos de consumo cultural e de ocio.

Entradas anticipadas a partir de 14,00 € á venda en ataquilla.com e na Casa da Luz. De non esgotarse, o propio día do concerto unha hora antes na billeteira.

Abonos para os 3 espectáculos: desde 45,00 €. Menores de 14 anos, desconto do 50%.

SÉS

Sábado 30 marzo de 2019

Ao longo dos últimos anos, Sés consolidouse coma unha das figuras máis destacadas da música galega e recorreu o país con actuacións cheas de paixón nos escenarios das vilas e cidades galegas. Pasiño a pasiño a súa intensa personalidade e honestidade conquistou ao público cunha enerxía que chama á unión e ao cuestionamento do establecido.

Formada na música e o baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 creou, xunto a tres amigos, a banda “Chámalle Xis!” que foi un dos grupos revelación dese ano. En 2011 publicou o seu primeiro traballo “Admirando a Condición”.

En 2019 chega o seu sexto álbum, “Rabia ao Silencio”, no que atopamos unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor chegadas de Latinoamérica ou doutros puntos da Península e que son adaptadas ao galego.

MORGAN

Sábado 27 abril de 2019

A banda madrileña consolidouse nos dous últimos anos como un dos grupos novos máis interesantes da escena española. A formación liderada por Nina de Juan reeditou o seu primeiro disco en 2017 e ofrecerán preto de cen concertos en salas e festivais de todo o país, esgotando as entradas en espazos emblemático coma o Circo Price de Madrid.

En marzo de 2018  volveron cun  novo traballo, “Air”, o disco que sen dúbida marcou un antes e un despois na carreira desta banda, unha das voces máis persoais do panorama nacional e que cos seus directos seguen a conquistar ao público alí onde van.

McENROE

Sábado 19 de outubro de 2019

A banda vasca nacida en 2002 é  un dos grupos de referencia do indie español dende hai anos. O seu último disco, “Lluvias y truenos”, foi publicado en 2016 en colaboración con el grupo The New Raemon”. En 2019 publicarán un novo álbum que presentarán na súa actuación en Pontevedra.

Ricardo Lezón é o líder da banda dende os seus comenzos. McEnroe é un grupo difíciil de encasillar e que se caracteriza polas súas letras cheas de poesía que falan sobre o amor, os desexos e os anhelos.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

Marzo 30 (Sábado) - Outubro 19 (Sábado)

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X