febreiro, 2019

23feb21:00MUNICIPALAra Malikian presenta "Royal Garage World Tour"21:00 Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 PontevedraEvento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

Ara Malikian presenta o seu novo espectáculo “Royal Garage World Tour” o 23 de febreiro de 2019 no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Esta xira percorrerá os garaxes da vida de Ara polos diferentes países, facendo un percorrido sonoro polos máis variados e exóticos estilos que fraguaron a súa carreira.

En palabras de Ara Malikian:

“A miña relación cos garaxes empezou en 1976, cando estalou a guerra do Líbano. No mundo enteiro as bandas máis modernas ensaiaban en garaxes, sacaban de aí os seus sons e creaban un estilo que cambiaría a historia da música. Eu non me quería quedar sen formar parte desa movida. Eu tiña dez anos e o meu pai dicíame para convencerme:

-Imos fillo, baixemos ao garaxe, imos montar unha banda de rock como a dos Rollings. A miña banda non tiña tanto rolo como a deles, eu non me relacionaba con Keith Richards ou Mick Jagger e falabamos de Rock e música de vangarda, a min esperábame o meu tío Nono cunha trompeta abolada, o meu veciño cunha botella de anís e a miña avoa cunha mandolina… A día de hoxe sigo sen verlle o Rock and Roll pero véxolle o amor e iso é máis que suficiente.Despois viñeron outros garaxes: os alemáns, os ingleses, os parisienses, os españois… Parece ser que estou predestinado a eles. Pásanme cousas fascinantes nos garaxes…”

As butacas de mobilidade reducida están destinadas só para as persoas que acceden con cadeira de rodas. Os acompañantes deben comprar butaca aparte, pero non se reservan as de proximidade.

Entradas esgotadas.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Pazo da Cultura

Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa