novembro, 2019

08novTodo o Día14decMUNICIPALApego no outono 2019(Todo o Día) Casa Azul. Rúa Sor Lucía, 4, 36002 PontevedraEvento tipo:Máis…,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Para unha grande aventura con futuro.

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra pon en marcha unha nova quenda de actividades dentro do programa Apego. O programa abrangue distintas propostas dirixidas ás familias que xa tedes fillos e fillas ata 6 anos ou que estades agardando un novo membro; todas elas son de balde, e é necesario inscribirse. Se aínda non formades parte do programa Apego, visitade o web e solicitádenos unha cita www.apego.gal

 

Todos os obradoiros serán na rúa Sor Lucía, na Casa Azul; na sala dos espellos, no soto, agás a xornada micolóxica, que será na senda do Lérez, co punto de encontro na praia fluvial.

As actividades están dirixidas a familias con nenas e nenos das idades indicadas en cada actividade.

As prazas por familia son para 1 ou 2 adultos por menor. Máximo 25 familias

*Levade unha mantiña ou esteira para sentardes no chan.
**Levade calzado e roupa apropiada para andar pola natureza.
***Levade calzado cómodo ou calcetíns grosos para descalzarvos. Para as familias con bebés, recomendamos levar mochila portabebés para poder movervos libremente e desfrutar mellor da actividade.

Inscricións en apuntate.pontevedra.gal

Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
Enderezo electrónico: normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
Teléfono: 986 863 157
snl.pontevedra.gal/apego/que-e-apego

 

Hora

Novembro 8 (Venres) - Decembro 14 (Sábado)

Localización

Casa Azul

Casa Azul. Rúa Sor Lucía, 4, 36002 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa