marzo, 2020

25marTodo o DíaMUNICIPALApego na primavera(Todo o Día: mércores) Casa Azul. Rúa Sor Lucía, 4, 36002 PontevedraEvento tipo:Escena,Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra pon en marcha unha nova quenda de actividades dentro do programa Apego. Todas son de balde e con prazas limitadas; é necesario inscribirse nos formularios dispoñibles en apuntate.pontevedra.gal

Apego ten como obxectivo promover a transmisión interxeracional da lingua galega e facilitar a socialización en galego nos primeiros anos de vida.

Está dirixido a familias con fillos e fillas ata 6 anos ou que están agardando un novo membro. Para formar parte do programa Apego hai que solicitar unha cita no web www.apego.gal

O programa das actividades de Apego previsto para esta primavera está dirixido a familias e
tamén a profesionais que desenvolven un papel activo na socialización das nenas e nenos e
na adquisición da lingua nos primeiros anos de vida. Xa que logo, o programa comeza este
sábado cun obradoiro de recursos educativos dirixido a profesionais en activo que traballan
na educación infantil, tanto na etapa de 0 a 3 anos como na de 3 a 6.

O programa esténdese ao longo de varios meses porque ten en conta outras citas
interesantes para as familias como o Salón do Libro, o Congreso de Mediación Lectora ou o
Galegote Rock; xa que contribúen a crear espazos de socialización en galego e dan a
coñecer ferramentas e recursos que axudan á crianza en lingua galega.

 

O PROGRAMA DE ACTIVIDADES APEGO PARA ESTA PRIMAVERA:

 

– Sábados 22 e 29 de febreiro; de 10 h a 14 h na Casa Azul, rúa de Sor Lucía

Obradoiro Alí, para profesionais da educación en activo; ata 25 persoas. Imparte Fabaloba.

 

– Mércores 25 de marzo, de 17.30 a 19 h na Casa Azul, rúa de Sor Lucía

Como apoiar o comezo da vida, con Sonia Villanueva. Faladoiro para nais e pais de nenos/
as de 0 a 6 anos; ata 25 persoas.

 

– Xoves 2 de abril, de 18 h a 18.45 h na Casa Azul, rúa de Sor Lucía

Fíos do Querer, con Cé Orquestra Pantasma. Obradoiro para familias con nenas e nenos de 0 a 5 anos. Prazas dispoñibles: ata 40 familias.

 

– Sábado 18 de abril na Casa Azul, rúa de Sor Lucía

Arrolos de Salitre, con Faia Díaz e Guillerme Fernández. Dous obradoiros para familias con
nenas/os de 0 a 2 anos; ata 20 familias. Haberá dúas sesións: Primeira sesión de 11 h a 12 h. Segunda sesión de 12.30 h a 13.30 h.

 

– Venres 24 de abril, de 17 h a 19.30 h nos xardíns do Doutor Marescot

Vai de xogos, con Risotadas. Obradoiro para familias con nenos/as de 0 a 6 anos; arredor
de 40 familias.

 

– Domingo 31 de maio, de 11 h a 12.30 h. Saída pola Illa do Covo

Aprendendo a falar cos paxariños, con Manuel Domínguez, de Ventos Estudos Ambientais.
Saída á natureza; familias con nenas/os de 0 a 6 anos; ata 20 familias.

 

Domingo 21 de xuño, de 10 h a 12 h.

Na procura das herbas de san Xoán, con Amancio Castro. Andaina; familias con nenos/as
de 0 a 6 anos; ata 20 familias.

 

Cartaz Apego na primavera 2020

 

Hora

Todo o Día (Mércores)

Localización

Casa Azul

Casa Azul. Rúa Sor Lucía, 4, 36002 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa