febreiro, 2018

06feb20:30MUNICIPAL"Amour Fou". Proxección do Cineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Proxección en VOSE do filme “Amour fou” (Yessica Hausner, 2014, Australia, 96 min.), organizada polo Cineclube Pontevedra.

No seo da xélida aristocracia alemá decimonónica, preocupada ao ver en perigo os seus privilexios pola influencia das ideas revolucionarias importadas dende Francia, o mozo poeta Heinrich decide poñerlle fin á súa existencia e proponlle á súa curmá Marie suicidárense xuntos. Ante o escepticismo de Marie, o poeta reitéralle a súa proposta a Henriette, nai de familia admiradora da súa última novela. Henriette verase tentada de aceptar despois de coñecer que padece unha enfermidade incurable… Conseguira este poeta atormentado que algunha muller o acompañe polo menos na morte? ”

Amour fou” é unha “comedia romántica” inspirada libremente no suicidio do autor d’A marquesa de O, Heinrich von Kleist, en 1811.

Sección Oficial (Un Certain Regard) en Cannes 2014 • Sección oficial a concurso no Festival de Sevilla 2014.

Faite socio/a do Cineclube Pontevedra por 60 € ano ano, 18 € ao trimestre ou 2 € por pase.

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com.es

 

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa