decembro, 2019

03dec20:30MUNICIPAL“Amazing Grace”, proxección do cineclube pontevedra20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

AMAZING GRACE
Alan Elliott, Sydney Pollack, 2018, 87 min., VOSE

En xaneiro de 1972, a grande Aretha Franklin deu un concerto de góspel durante dous días na Igrexa Baptista Misioneira New Temple en Watts (Los Angeles), gravando o que se convertiría no seu álbum máis vendido: Amazing Grace. As sesións foron filmadas por un equipo de rodaxe liderado polo director Sydney Pollack, mais o material de arquivo rematou nunha bóveda, sen sincronización entre audio e imaxe (Pollack non utilizou claqueta…), e durante 4 décadas foi un dos tesouros cinematográficos perdidos da música do século XX. Antes da súa morte, en 2008, Pollack expresou a súa vontade de que se completara o filme, que foi retomado e rematado polo seu produtor, Alan Elliot, e que se poderá ver en Pontevedra o martes 3 de decembro.

O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Asociate: 60 € (ano), 18 € (trimestre) ou 2 € (pase).

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com

 

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa