xaneiro, 2018

13xan20:30ALABAMA GOSPEL CHOIR20:30 Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 PontevedraEvento tipo:Escena,Música

Máis

Detalles do Evento

Hallelujah! propón un percorrido intenso desde as cancións espirituais do século XIX, de profundas raíces relixiosas, ata unha homenaxe ás cancións de protesta e marchas pola liberdade, onde non faltan temas tan coñecidos como Oh Happy Day! Un crecente bulebule de palabras e música que arrastra ao público para unirse a un espectáculo que xa se converteu nun clásico do Nadal.

As grandes voces da música negra regresan por oitava vez ao noso país cunha renovada proposta para facer vibrar de novo ao público coa súa mestura de vitalidade e espiritualidade aderezada cos ritmos do funk e blues.

Alabama Gospel Choir está formado por 20 artistas que conseguen plasmar a historia do Gospel nun percorrido único polas raíces desta música. Con celebres cancións transmiten unha mensaxe de paz i solidariedade máis aló de todas as fronteiras, creando auténticos himnos que contaxian de entusiasmo ao público.

Prezo: desde 23 €. Entradas á venda en ataquilla.com

 

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa