novembro, 2018

04nov18:30MUNICIPAL"Akari". Tempada de Teatro18:30 Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 PontevedraEvento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Da. T Danza presenta “Akari”, dentro da Tempada de Teatro que acolle o Pazo da Cultura de Pontevedra.

Función recomendada para público familiar.

Espectáculo de danza e teatro para público familiar que investiga a luz, as súas propiedades e a súa particular forma de viaxar polo ar. A luz, a penumbra, a sombra e a escuridade. Amosa a necesidade que sentimos de aproximarnos a un raio de luz para quentar a nosa pel e de por que todos pechamos os ollos ao facelo.

A través da danza, a luz interior de cada un de nós brilla dun xeito especial e único.

As entradas para a Tempada de Teatro poderán adquirise de xeito anticipado en www.ticketea.com , no teléfono 902.044.226 ou na billeteira central da Casa da Luz. O prezo para función de adultos é de 18 euros máis gastos de tramitación e de 6 euros, no caso das familiares. De non esgotarse as entradas poderanse comprar na billeteira do propio Pazo da Cultura dende dúas horas antes de comezar a función.

Dossier TEMPADA DE TEATRO OUTONO 2018

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Domingo) 18:30

Localización

Pazo da Cultura

Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa