xullo, 2021

30xul01ago'Acústica na Parda''o son da rúa'(xullo 30) 20:00 - (agosto 1) 22:45 A Parda, PontevedraEvento tipo:Municipal,Música

Detalles do Evento

O programa de verán ‘O Son da Rúa’, organizado polo Concello de Pontevedra, continúa ofrecendo unha programación variada en estilos e formas.

Os concertos da Parda englóbanse dentro do ambiente musical local da Boa Vila. Tres sesións, con tres concertos diferentes e de relevancia, na Parda. O primeiro de cada día comezará ás 20:00 horas.

‘Acústica na Parda’ mantén a filosofía do Concello de ofrecer alternativas de ocio nos barrios da Boa Vila, chegando cada vez a máis espazos da cidade.

  Venres 30 de xullo  

• O Rabelo (20:00h) – Dotado dun enorme potencial e un talento revindicativo, O Rabelo toma o rap como base, para logo beber doutras propostas de forte tradición oral, como son as regueifas. Antifascista, transfeminista, anarquista e a favor da amabilidade, os cuidados e a paciéncia para transformar o mundo e a violéncia para rebentar o sistema.

• Queco Lago (21:30h) – O artista pontevedrés continúa medrando como compositor, usando a súa voz e a súa guitarra para crear novos relatos sonoros ou adaptar ao seu estilo propostas e cancións de músicos ben coñecidos.

• Jacobo Saínz (22:45h) – Tralo seu paso pola banda de metal Vortex, Jacobo Saínz achou novas inspiracións de raíces blues e pop, afondando en novos estilos e procurando levar as súas composicións a outros niveis e espazos melódicos.

  Sábado 31 de xullo  

• Palito (20:00h) – Cantautora pontevedresa de enorme sensibilidade, conta cun disco producido polo produtor e guitarrista Javier Lopez de Guereña, musico de Javier Krahe e arreglista de Los Toreros muertos e Ana Belén entre outros. Os seus inicios arrancaron en bandas locais como Doble Morgan e Mr.Magoo. Na actualidade vai en solitario a bares e chiringuitos.

• Corbi (21:30h) – Defínese como o mítico melancólico pontevedrés que sempre argalla unha pequena raiada. Militante doutros grupos como Matadero, Columna Vegana ou Samba Fuego, neste proxecto en solitario preséntase coa súa guitarra alternando entre o berro e o murmurio enfermizo para falar de cousas e da vida en xeral.

• Miríada (22:45h) – As súas referencias musicais móvense por unha enorme variedade de xéneros, dende o pop, ó rock e o indie; pasando por el R&B, o hip-hop e o rap até chegar ao mundo da electrónica e o DJ. “Miríada” alude os múltiples intereses e referentes artísticos dos que bebe, aínda coa porta moi aberta a novidade e a experimentación.

  Domingo 1 de agosto  

• Nee Barros (20:00h) – Ê Nee é une queixicas e, como a xente lle fai caso cando se queixa, ten dous libros publicados: 19 poemas para um VÍRUS-19 e Identidade. A normalidade do non-común. Podes atopale nas redes como neeumatiko onde fala de literatura, da linguaxe non-binaria e de facer ativismo. Elu do que non gosta é de estar quiete.

• Pitt Muffin (21:30h) – Revisita e crea en solitario, e en formato acústico, escuros temas da era Punk e Post-Punk.

• Joao Tomba (22:45h) – Novo asalto de Joao Tomba o status quo do conformismo e lugar común que se impón nesta a nosa sociedade do século XXI. Empeñado e maltratado polo poder, Joao, fuxe das débedas e da mezquindade. Iniciase así a nova aventura de Joao. Nove temas que compoñen o seu novo disco e que supoñen una revisión a morte dos Rolling Stones ou Burning.

Máis

Hora

Xullo 30 (Venres) 20:00 - Agosto 1 (Domingo) 22:45

Localización

A Parda

A Parda, Pontevedra

X